Feijóo revela que Conde Roa pediu a baixa no PP tras a sentenza que o condena por fraude fiscal. O presidente da Xunta valora a "coherencia" do ex alcalde de Santiago.
Fálase
O informe do Congreso sobre conciliación da vida laboral e familiar inclúe un parágrafo machista, denunciado por PSOE e Izquierda Plural: "a maior implicación materna no apoio escolar de fillos e fillas pode estar incidindo no maior índice de fracaso escolar masculino, tendo en conta a inexistencia de modelos paternos"
Unha muller da Coruña e os seus tres fillos menores recibiron unha orde de desaloxo do seu piso na zona do Castrillón, que se executará o vindeiro martes. Coa axuda da plataforma Stop Desahucios intenta dende hai uns días paralizar a execución da sentenza
#consellodaxunta Feijóo di que a xuntanza cos ex presidentes foi "cordial, frutífera, oportuna e útil". O resultado do encontro foi emprazarse a novas reunións e un comunicado co compromiso de facer propostas "construtivas". "Superou todas as expectativas", di o titular da Xunta.
#consellodaxunta A Xunta lanza un programa para "previr" os desafiuzamentos, xunto a concellos e o Colexio de Traballo Social. Centrarase nas persoas en situación de "especial vulnerabilidade" e comezar a funcionar o 15 de outubro cunha oficina en Santiago.
#consellodaxunta A Xunta achega 150.000 euros ao acondicionamento do espazo de exposicións do Pazo de Xelmírez, sede arcebispal de Compostela.
#consellodaxunta A Xunta achégalles aos sindicatos a proposta de "horario flexible" na Administración xeral da comunidade autónoma.
Un tren Alvia regresa a Monforte ao negarse o maquinista a pasar polo túnel de Oural por ter dúbidas de seguridade. En El Progreso.
O BNG recompila os vídeos de todas as comparecencias na comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro. Pódense consultar no blog sobre a actividade do seu grupo parlamentario.
A Fundación Galiza Sempre celebra hoxe, ao longo de todo o día, unha xornada sobre Alternativas para o sistema financeiro galego