Un tren Alvia regresa a Monforte ao negarse o maquinista a pasar polo túnel de Oural por ter dúbidas de seguridade. En El Progreso.

Un tren Alvia regresa a Monforte ao negarse o maquinista a pasar polo túnel de Oural por ter dúbidas de seguridade. En El Progreso.
O BNG recompila os vídeos de todas as comparecencias na comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro. Pódense consultar no blog sobre a actividade do seu grupo parlamentario.
A Fundación Galiza Sempre celebra hoxe, ao longo de todo o día, unha xornada sobre Alternativas para o sistema financeiro galego
Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Educación Ambiental presentan unha queixa ante o Valedor do Pobo pola non celebración das obrigadas reunións das xuntas consultivas dos parques naturais durante o ano 2012. Denuncian a "falta de información" e os obstáculos á participación dos axentes sociais na xestión dos espazos naturais protexidos.
O ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, terá que pagar 291.000 euros para eludir o cárcere. Foi condenado a dous anos por fraude fiscal. En El País.
O ministro Soria recoñece a "relación directa" entre os sismos e a inxección de gas en Castelló. Rexistráronse vinte terremotos durante a pasada noite.
Os traballadores de Panrico iniciarán unha folga o 13 de outubro. A empresa quere reducir o cadro de persoal en case dous mil traballadores e reducir os salarios nun 40%
A Xunta desenvolve unha aplicación móbil para alertar dos incendios. O Sistema de Información Xeográfico Corporativo Galego permitirá tamén localizar barcos
Izquierda Unida celebra este xoves o seu terceiro encontro con organizacións sociais para debater un programa común antitroika, un calendario de mobilizacións contra o Goberno e camiñar cara a unha candidatura unitaria para as europeas
As empresas que cotizan en bolsa gañaron un 302% máis no último ano, mentres que recortaron un 7,5% os seus cadros de persoal, polo que 136 mil persoas quedaron sen emprego