A Deputación da Coruña estuda denunciar a Fundación Franco por delitos de odio, tal e como reclamaba a CRMH da Coruña.

A Deputación da Coruña estuda denunciar a Fundación Franco por delitos de odio, tal e como reclamaba a CRMH da Coruña.
Trump equipara nazis e manifestantes antinazis como responsables dos incidentes de Charlottesville. "Houbo un grupo dun lado que foi malo e houbo un grupo do outro lado que tamén foi moi violento", afirmou o presidente estadounidense, que defendeu a continuidade da estatua do xeneral confederado Robert E. Lee.
O soldo medio dos empregados da empresa de seguridade de Eulen reduciuse un 11,7% entre 2012 e 2016: de 22.223 euros brutos a 19.630. InfoLibre destaca que os administradores da compañía ingresaron o pasado ano 288.000 euros, un 20% máis que en 2015
O Goberno central estuda mudar o sistema de poxas eléctricas das que depende Alcoa. Entre as propostas están a de convocar as poxas cada dous anos ou a de combinalas con bonificacións medioambientais
Cabo de Cruz foi o gañador da 28ª Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada este mediodía en augas de Santa Cristina (Oleiros). A embarcación boirense superou en tres segundos ás de A Pobra e Ares, que completaron o podio separadas por centésimas.
O PSdeG pide desculpas polo "erro" de publicar na súa conta oficial de Facebook unha mensaxe de apoio ao precandidato á Secretaría Xeral da formación, Juan Díaz Villoslada, un feito denunciado por Xoaquín Fernández Leiceaga. Tamén Gonzalo Caballero pídelle á xestora socialista "neutralidade" e que vele por "non impulsar unha candidatura determinada"
Extinguido o incendio de Vilariño de Conso logo de queimar 120 hectáreas. O lume comezou o pasado sábado ao mediodía.
Portugal entrega novo mapa na ONU para ter máis plataforma continental
Este luns ás 11 horas concentracións ás portas dos xulgados de Vigo (Rúa Lalín) e A Coruña (Rúa Monforte) amosarán apoio a Juana Rivas e demandarán proteción para mulleres e nenos e nenas en casos de violencias machistas.
Os traballadores e traballadoras de seguridade de El Prat rexeitan a oferta realizada pola Generalitat e manteñen a folga no aeroporto barcelonés. O persoal critican os servizos mínimos do 90% impostos e as ameazas do Goberno central, que anticipou que podería facerse cargo do servizo con efectivos da Garda Civil.