O Racing de Ferrol aséntase nos postos de play-off de ascenso tras vencer 1-0 ao Logroñés. Tamén en 2ªB, o Somozas gaña ao Tropezón (0-2) e case acada a salvación matemática, mentres que o Compostela empatou co Coruxo (1-1). O Celta B venceu tamén ante o Valladolid B (2-0).
Fálase
Cada explotación galega perde ata 11.000 euros por vender o leite máis barato do Estado. O país é a segunda autonomía que menos recada por cada granxa.
Naufraga un pesqueiro con 700 inmigrantes ao norte de Libia. 28 persoas foron rescatadas con vida polo momento.
O Deportivo perde ante o Atlético en Riazor (1-2) e cae aos postos de descenso. O gol de Oriol Riera só maquillou o resultado ante un rival superior.
Bergondo recibiu as cinzas de Luísa Viqueira despois de case oitenta anos no exilio. A familia cumpre o seu desexo de estar soterrada xunto ao seu pai Xohán Vicente Viqueira. Foto de @anamirandapaz
Rato posúe un patrimonio de 27 millóns e un hotel en Berlín e utilizou tres dos seus fillos para ocultar 2,6 millóns en Xibraltar. Os axentes reclámanlle documentación de 20 anos das súas empresas.
O Goberno reduce a "un asunto particular" a investigación a Rodrigo Rato por branqueo. A vicepresidenta négase a dar explicacións porque "xa non ocupa cargo ningún".
A Xunta Electoral sanciona a Caballero por facer campaña na alcaldía e ter convocado un acto ante 150 persoas para explicar a súa xestión. Cóntao La Voz.
O PSdeG indica que Juan Manuel Rey será o seu candidato en Caldas por estar "suspendido o seu procesamento" ao "admitirse a trámite o recurso para anular as actuacións" polas que se lle abrira xuízo oral. Os socialistas reiteran que, no caso de fixarse data para o xuízo, tería que deixar o partido. O PP, pola súa banda, acusa a Besteiro de "vender baratos os seus principio" e di que queda "desacreditado para sempre" para falar de asuntos referidos á corrupción"
O BNG amosa a súa disposición a participar "en todos os debates (libres de vetos) aos que sexa convidado" no marco das eleccións municipais. Sinálao nun comunicado tras os límites expresados pola dirección do PP.