O PP déixalle dispoñible ao goberno da Marea Atlántica na Coruña apenas un 35% do orzamento para o que queda de ano. A Marea asegura que a información achegada polo Executivo en funcións é "limitada" e solicita máis documentación
Fálase
No xuízo polas indemnizacións millonarias de NCG, os acusados -como Julio Fernández Gayoso- xustifícanse afirmando que 21 conselleiros da entidade aprobaron os pagamentos e que o Banco de España estivo informado e non se opuxo
Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, será o novo presidente da Deputación da Coruña. En Ourense, o recurso electoral presentado polo PSdeG-PSOE en Lobios adiará ata xullo a constitución da corporación provincial
10.627 mozos e mozas galegas inician este mércores a Selectividade en Galicia, uns exames que chegará ata o venres.
Veciños e familiares cortan o acceso á casa de Reza, mentres os antidisturbios agardan fóra para poder entrar ao chalé e proceder á demolición, prevista para esta mañá.
O PP gobernará a Comunidade de Madrid e o PSOE Andalucía, grazas ao apoio de Ciudadanos, que rebaixou as súas esixencias en relación coa presenza de imputados nun e noutro partido.
Verónica Boquete debuta no mundial de fútbol feminino cun empate da selección española ante Costa Rica (1-1), nun partido no que as xogadoras dirixidas por Nacho Quereda mereceron levar a vitoria
O presidente de RTVE: "Voto PP e seguirei votando PP". José Antonio Sánchez manifesta no Congreso que "a quen nunca votarei na miña vida será á Izquierda Plural" e culpa a xestión do PSOE da actual caída de audiencia. Recólleo Eldiario.es
O xuíz pecha para arquivo o caso do asasinato de José Couso por mor da reforma da lei de xustiza universal que o PP aprobou en solitario. Recólleo Europa Press. Máis información, hoxe en Praza.
Pedro Zerolo faleceu esta noite en Madrid aos 54 anos, por un agravamento do cancro de páncreas que lle fora diagnosticado hai ano e medio. Ocupara o terceiro posto na lista do PSOE á Comunidade nas eleccións do 24M