10.627 mozos e mozas galegas inician este mércores a Selectividade en Galicia, uns exames que chegará ata o venres.
Fálase
Veciños e familiares cortan o acceso á casa de Reza, mentres os antidisturbios agardan fóra para poder entrar ao chalé e proceder á demolición, prevista para esta mañá.
O PP gobernará a Comunidade de Madrid e o PSOE Andalucía, grazas ao apoio de Ciudadanos, que rebaixou as súas esixencias en relación coa presenza de imputados nun e noutro partido.
Verónica Boquete debuta no mundial de fútbol feminino cun empate da selección española ante Costa Rica (1-1), nun partido no que as xogadoras dirixidas por Nacho Quereda mereceron levar a vitoria
O presidente de RTVE: "Voto PP e seguirei votando PP". José Antonio Sánchez manifesta no Congreso que "a quen nunca votarei na miña vida será á Izquierda Plural" e culpa a xestión do PSOE da actual caída de audiencia. Recólleo Eldiario.es
O xuíz pecha para arquivo o caso do asasinato de José Couso por mor da reforma da lei de xustiza universal que o PP aprobou en solitario. Recólleo Europa Press. Máis información, hoxe en Praza.
Pedro Zerolo faleceu esta noite en Madrid aos 54 anos, por un agravamento do cancro de páncreas que lle fora diagnosticado hai ano e medio. Ocupara o terceiro posto na lista do PSOE á Comunidade nas eleccións do 24M
José Manuel Soria aproveita o baleiro de poder autonómico para poñer aínda máis obstáculos ao autoconsumo eléctrico, facéndoo practicamente inviable. O Ministerio publica o decreto e dá 15 días para facer alegacións, cando moitos gobernos aínda non están constituídos e deixaran de ser gobernados polo PP.
Ciudadanos podería dar o seu apoio a Susana Díaz para a súa investidura como presidenta de Andalucía; esta mañá dirixentes dos dous partidos reúnenense en Sevilla. De igual xeito, tamén podería estar próxima a confirmación do voto favorable de C's ao PP na Comunidade de Madrid.
O avogado das prexubilacións millonarias dos directivos das caixas asegura no xuízo que "non coñecía as contías" e que era a primeira vez que vía eses contratos. Os catro directivos recibiron case 19 millóns de euros.