José Manuel Soria aproveita o baleiro de poder autonómico para poñer aínda máis obstáculos ao autoconsumo eléctrico, facéndoo practicamente inviable. O Ministerio publica o decreto e dá 15 días para facer alegacións, cando moitos gobernos aínda non están constituídos e deixaran de ser gobernados polo PP.
Fálase
Ciudadanos podería dar o seu apoio a Susana Díaz para a súa investidura como presidenta de Andalucía; esta mañá dirixentes dos dous partidos reúnenense en Sevilla. De igual xeito, tamén podería estar próxima a confirmación do voto favorable de C's ao PP na Comunidade de Madrid.
O avogado das prexubilacións millonarias dos directivos das caixas asegura no xuízo que "non coñecía as contías" e que era a primeira vez que vía eses contratos. Os catro directivos recibiron case 19 millóns de euros.
O persoal sanitario denuncia que a área sanitaria de Vigo non gañará camas co novo hospital, e que trala apertura do novo centro e o peche do Xeral e o Rebullón, a dotación será de 1.260 prazas, oito máis que na actualidade, "unha broma e un insulto á cidade", sinala CC.OO.
O equipo de goberno da Marea Atlántica na Coruña cobrará 320.000 euros ao ano fronte aos 663.135 do PP, que xa recortara os soldos totais un 35,1% con respecto ao goberno bipartito. O novo executivo suporá un aforro total de 1,26 millóns de euros en catro anos.
O cinema compostelán NUMAX gaña o premio ao mellor proxecto cooperativo de 2015, concedido pola Consellería de Traballo
O Figurante Edicións e Emerxente Editora veñen de anunciar o seu peche, despois de tres anos de actividade.
Galicia, Mellor Sen Touradas propón a "reconceptualización" da Festa do Boi de Allariz, sinalando que se atopa "fóra do contexto temporal e social", por ser un festexo taurino subsidiado con diñeiro público
Podemos medita mudar a estratexia e apostar pola confluencia nas eleccións xerais. A formación intenta o apoio de Ada Colau, Beiras ou Mónica Oltra para disputar "nas mellores condicións posibles" os comicios de novembro.
Comeza o xuízo aos ex directivos das caixas na Audiencia Nacional. Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e Javier García de Paredes, xunto con outros dous executivos e un asesor, enfróntase a penas de tres anos de cadea por indemnizacións de case 20 millóns de euros.