Podemos medita mudar a estratexia e apostar pola confluencia nas eleccións xerais. A formación intenta o apoio de Ada Colau, Beiras ou Mónica Oltra para disputar "nas mellores condicións posibles" os comicios de novembro.
Fálase
Comeza o xuízo aos ex directivos das caixas na Audiencia Nacional. Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e Javier García de Paredes, xunto con outros dous executivos e un asesor, enfróntase a penas de tres anos de cadea por indemnizacións de case 20 millóns de euros.
Feijóo é o segundo dirixente preferido polo electorado do PP para substituír a Rajoy, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País que indica, asemade, que a metade dos votantes populares non quere que o actual presidente do Goberno central recunque como candidato.
A A8 permaneceu pechada cando menos 36 horas en O Fiouco (entre Abadín e Mondoñedo) por mor da néboa. A situación, xa habitual, motivou numerosas queixas.
Este luns ten lugar a primeira das xornadas de folga convocadas polos controladores aéreos en protesta polas sancións impostas tralo peche do espazo aéreo en 2010.
O PRI gaña as eleccións intermedias en México co 30% dos votos, superando o PAN, que obtivo entre o 21 e o 22% e o PRD, que ficou no 11%
El Diario explica o contido da importante votación sobre o TTIP que terá lugar no Parlamento europeo este mércores. A cámara votará un informe sobre o tratado, no que se debaterá o polemico tribunal de arbitraxe privada (ISDS) ou a inclusión dos servizos públicos no acordo.
O partido do presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, perde a maioría absoluta nas eleccións lexislativas, nas que a esquerda kurda entra no Parlamento, ao superar o dez por cento dos votos. Non se descarta a celebración de eleccións anticipadas.
O "non" imponse no referendo de Luxemburgo sobre o dereito a voto da poboación estranxeira nas eleccións lexislativas. Os resultados tiñan especial interese en Portugal, dada a gran presenza portuguesa no país, como relata o xornal Público
Vence defende unha candidatura galega para as eleccións xerais que non estea "subordinada" a formacións de "obediencia estatal". Afirmouno nunha entrevista na Radio Galega