O partido do presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, perde a maioría absoluta nas eleccións lexislativas, nas que a esquerda kurda entra no Parlamento, ao superar o dez por cento dos votos. Non se descarta a celebración de eleccións anticipadas.
Fálase
O "non" imponse no referendo de Luxemburgo sobre o dereito a voto da poboación estranxeira nas eleccións lexislativas. Os resultados tiñan especial interese en Portugal, dada a gran presenza portuguesa no país, como relata o xornal Público
Vence defende unha candidatura galega para as eleccións xerais que non estea "subordinada" a formacións de "obediencia estatal". Afirmouno nunha entrevista na Radio Galega
Martiño Noriega aposta por unha "marea galega que combine partidos e movementos sociais" e agarda a emerxencia de "novos liderados". Afírmao nunha entrevista na Cadena SER, na que tamén detalla a baixada de soldos que Compostela Aberta aplicará no Concello de Santiago.
A A-8, cortada á altura de Mondoñedo por segundo día consecutivo a causa da néboa. Recólleo Europa Press
A Axencia Tributaria reclámalles 100.000 euros a orquestras galegas por impagamentos do IVE. Recólleo El Progreso
Os aeroportos galegos tiveron 32 millóns de perdas en 2014, segundo informa La Voz
Eldiario.es analiza nunha reportaxe os efectos que a fin do embargo sobre Cuba pode ter na investigación científica cubana.
A Marea Atlántica amosa "preocupación" pola parálise do traspaso de poderes na Coruña. Recólleo Radio Coruña
PP e PSOE estarían ubicados nun empate técnico cara ás xerais, mentres Podemos descende levemente e Ciudadanos perde sete puntos despois das municipais. Indícao unha sondaxe de Metroscopia para El País.