O persoal de Povisa concentrarase este xoves diante da sede do PP en Vigo (rúa Areal) a partir das 11.30 horas para reclamar unha solución ao conflito laboral.
Fálase
O Sindicato de Estudantes chama a unha folga no ensino os 22, 23 e 24 de outubro en contra da Lei Wert e do recorte das bolsas
O sur de Galicia volveu vivir unha noite de lumes. Rexistráronse incendios en Tomiño, Gondomar e avivouse o que comezara o luns en Oia, onde a Xunta eleva a superficie queimada ás dúas mil hectáreas.
O Reino Unido agardará a coñecer o informe dos inspectores da ONU antes de votar se apoia ou non un ataque contra Siria. Cameron convocara unha sesión extraordinaria da Cámara dos Comúns, pero as dúbidas dunha parte importante dos deputados conservadores forzaron a adiar a decisión.
Carme Chacón deixa o seu escano no Congreso para dar clases en EEUU durante un ano. Fontes próximas a Chacón sinalan que se trata dunha marcha temporal
Wert defende que é mellor dar bolsas a menos alumnos con máis rendemento que “dar axudas a voleo”. O ministro de Educación admite que se reducirá o número de estudantes con bolsa, pero non dá cifras
Uns 200 bombeiros de toda Galicia manifestáronse este mércores en Compostela para pedir a homoxeneización das súas condicións de traballo.
Rafael Hernando, portavoz adxunto do PP no Congreso, equipara a bandeira republicana á bandeira franquista e afirma que “a República levou a un millón de mortos”.
A OTAN culpa o goberno de Bashar al Asad da matanza con armas químicas e afirma que "non pode quedar sen resposta". O secretario xeral da Alianza, Anders Rasmussen, sinala que "información dispoñible dun amplo abano de fontes apunta ao réxime sirio como responsable do uso de armas químicas nestes ataques".
As e os traballadores de Povisa trasladaron as súas protestas á sede da Xunta en Vigo na décima xornada de folga en defensa do convenio colectivo. Berraron consignas e lanzaron ovos reclamando a intervención da delegada autonómica no conflito laboral.