Crónica e vídeo da manifestación de apoio ao IES Lluis Vives en Vilaweb.
Fálase
"O 15M ten un 'puntito' soviético" ou "A vitoria do PP prodúcese non só por maioría absoluta, senón por maioría universal" José Ignacio Wert, ministro de Educación e Cultura deixa algunhas frases para a posteridade nun libro editado pola Fundación Faes.
Os 'neutrinos superlumínicos', esas partículas que viaxaban máis rápido que a velocidade da luz descubertas hai uns meses no CERN e que causaron unha gran conmoción no mundo científico, poden non existir. Un cable mal conectado, un enlace defectuoso de fibra óptica entre unha unidade de GPS e un dos ordenadores, pode ser a razón que explique o erro na medición.
Un estudo publicado na prestixiosa revista Psychological Science, que analizou a evolución desde a infancia á idade adulta de dous grandes grupos de individuos en Gran Bretaña e nos Estados Unidos de América, conclúe que as persoas con baixo coeficiente intelectual son máis proclives aos prexuízos e a adoptaren posicións ideolóxicas conservadoras e autoritarias, ademais de presentaren unha tendencia a manter pouco contacto con membros alleos ao seu grupo de referencia.
O PP veta que Amaiur ou Esquerra Republicana estean na Comisión de Segredos Oficiais do Congreso dos Deputados
A Mesa conmemorará mañá "o aniversario da primeira vez que un alcalde de Santiago falou oficialmente en galego na Idade Contemporánea". Foi Ánxel Casal, o 23 de febreiro de 1936. Para lembralo, entregarán un escrito no rexistro do Concello compostelán.
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, sobre as acusacións de Dorribo, presunto líder da trama Campeón: "Estamos no mundo ao revés, un mundo no que os inocentes teñen que dar roldas de prensa para defenderse e no que os presuntamente culpables están nun balneario"
O derradeiro debate de política xeral da lexislatura celebrarase os días 13 e 14 de marzo, despois de que a Xunta solicitase a súa convocatoria para mediados dese mes.
Manifestacións unitarias "en defensa dos servizos públicos". O vindeiro xoves, CIG, UGT, CCOO e CSI-F convocan manifestacións e concentracións contra os recortes ás 19:00 nas sete cidades.
Os portavoces de educación do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, e do BNG, Carme Adán, rexeitaron hoxe no Parlamento galego o contido do Decreto de atención á diversidade, do cal critican a súa filosofía segregadora, a inconcreción orzamentaria e a falta de consenso político e social co que foi aprobado.