O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, sobre as acusacións de Dorribo, presunto líder da trama Campeón: "Estamos no mundo ao revés, un mundo no que os inocentes teñen que dar roldas de prensa para defenderse e no que os presuntamente culpables están nun balneario"
Fálase
O derradeiro debate de política xeral da lexislatura celebrarase os días 13 e 14 de marzo, despois de que a Xunta solicitase a súa convocatoria para mediados dese mes.
Manifestacións unitarias "en defensa dos servizos públicos". O vindeiro xoves, CIG, UGT, CCOO e CSI-F convocan manifestacións e concentracións contra os recortes ás 19:00 nas sete cidades.
Os portavoces de educación do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, e do BNG, Carme Adán, rexeitaron hoxe no Parlamento galego o contido do Decreto de atención á diversidade, do cal critican a súa filosofía segregadora, a inconcreción orzamentaria e a falta de consenso político e social co que foi aprobado.
José María Castellano, presidente de Novagalicia Banco, entra no consello de administración da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). Desde o terceiro trimestre de 2008 as caixas reduciron en 4.200 o número de oficinas (-17%), informou a patronal do sector
A Xunta estuda a fusión de centros galegos no estranxeiro para garantir a súa viabilidade.
Reaccións ao debate de hoxe no Congreso sobre a dación do inmoble como modo de cancelar a hipoteca. A proposta presentada por Luis de Guindos non terá valor de lei e carece de aplicabilidade sobre os empréstimos xa contratados: consistirá unicamente nun código de boas prácticas ao cal poderán sumarse as entidades financieiras que o desexen. Explícao Público.
Caen as exportacións de Galicia. O sector exterior, aquel polo máis asegura apostar o Goberno galego, tamén se rende ante a potente crise internacional. As exportacións caeron máis dun 16% en decembro, polo incremento do 6% rexistrado no conxunto do Estado. Son datos do Instituto Nacional de Estatística (IGE)
Nace un novo certame literario, que levará o nome de Xosé Neira Vilas, pensado para a xente nova. Organízao a Liga Estudantil Galega e na súa web podedes consultar toda información desta primeira edición, na que o prazo de envío remata o día 15 de marzo.
A conselleira de Facenda, Elena Múñoz, acodeu hoxe a Madrid a promocionar as "vantaxes comparativas de Galicia". Co lema "Galicia, máis que un emisor", a Xunta pretende ilustrar a súa xestión económica e captar investidores