Reaccións ao debate de hoxe no Congreso sobre a dación do inmoble como modo de cancelar a hipoteca. A proposta presentada por Luis de Guindos non terá valor de lei e carece de aplicabilidade sobre os empréstimos xa contratados: consistirá unicamente nun código de boas prácticas ao cal poderán sumarse as entidades financieiras que o desexen. Explícao Público.
Fálase
Caen as exportacións de Galicia. O sector exterior, aquel polo máis asegura apostar o Goberno galego, tamén se rende ante a potente crise internacional. As exportacións caeron máis dun 16% en decembro, polo incremento do 6% rexistrado no conxunto do Estado. Son datos do Instituto Nacional de Estatística (IGE)
Nace un novo certame literario, que levará o nome de Xosé Neira Vilas, pensado para a xente nova. Organízao a Liga Estudantil Galega e na súa web podedes consultar toda información desta primeira edición, na que o prazo de envío remata o día 15 de marzo.
A conselleira de Facenda, Elena Múñoz, acodeu hoxe a Madrid a promocionar as "vantaxes comparativas de Galicia". Co lema "Galicia, máis que un emisor", a Xunta pretende ilustrar a súa xestión económica e captar investidores
O número de funcionarios portugueses reduciuse nun 3,2% durante 2011, por riba dos requerimentos da troika (querían minguar os traballadores da administración nun 2%). Hai menos de medio millón de empregados públicos en Portugal. No Jornal de Negócios
Perfecto Conde traduce e publica en galego, no seu blog, o Manifesto de resistencia civil de Mikis Theodorakis, intelectual e político grego que denuncia a tentativa de "eliminar o meu país".
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, admite, a preguntas do BNG, que a maior parte da publicidade na TVG xa é en castelán. Os anuncios en galego pasaron dun 51,21% en 2010 ao 41,3% en 2011. Atribúeo á crise xeral e a factores concretos como a desaparición de Caixa Galicia e Caixanova.
O PSdeG propón crear circunscricións no exterior e suprimir a esixencia do voto rogado, para fomentar a participación da diáspora nos procesos electorais.
Ana Pontón denuncia no Parlamento galego a redución nun 50% das axudas á creación audiovisual por parte da CRTVG. Na súa intervención, a portavoz do BNG tamén instou o Director Xeral da CRTVG a que adopte medidas no tocante á presenza da publicidade en galego nos medios que integran a compañía.