Perfecto Conde traduce e publica en galego, no seu blog, o Manifesto de resistencia civil de Mikis Theodorakis, intelectual e político grego que denuncia a tentativa de "eliminar o meu país".
Fálase
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, admite, a preguntas do BNG, que a maior parte da publicidade na TVG xa é en castelán. Os anuncios en galego pasaron dun 51,21% en 2010 ao 41,3% en 2011. Atribúeo á crise xeral e a factores concretos como a desaparición de Caixa Galicia e Caixanova.
O PSdeG propón crear circunscricións no exterior e suprimir a esixencia do voto rogado, para fomentar a participación da diáspora nos procesos electorais.
Ana Pontón denuncia no Parlamento galego a redución nun 50% das axudas á creación audiovisual por parte da CRTVG. Na súa intervención, a portavoz do BNG tamén instou o Director Xeral da CRTVG a que adopte medidas no tocante á presenza da publicidade en galego nos medios que integran a compañía.
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, tamén se querelará contra o empresario Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón que asegurou no Supremo terlle pagado "favores" a través de patrocinios
Un novo modelo de chip promete velocidades de transmisión moi superiores ás actuais, o que pode resolver a demanda de transmisión de datos e multimedia cada vez máis pesados. Máis información, en BBC Mundo.
A SER adianta que un atraco nunha vivenda de Xermade se saldou co falecemento de dous dos seus tres ocupantes
O PSdeG alerta no Parlamento de que "prescindir dos meteorólogos" na TVG "merma a calidade do servizo" e "non pode atribuírse a unha cuestión de aforro"
Fitch vén de rebaixar a nota de solvencia a Grecia, que pasa do C ao CCC. Esta nova cualificación outórgase cando xa se deron pasos firmes para desbloquear o rescate grego e a perda de soberanía do país, que verá controladas as súas finanzas e contas públicas pola troika.