O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, tamén se querelará contra o empresario Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón que asegurou no Supremo terlle pagado "favores" a través de patrocinios
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f44e53fd59ce-satelliteblobcolurldataablobheaderimage2fjpegablobkeyidablobtablemungoblobsablobwhere1227497584615assbinarytrue.jpeg)
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, tamén se querelará contra o empresario Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón que asegurou no Supremo terlle pagado "favores" a través de patrocinios
Un novo modelo de chip promete velocidades de transmisión moi superiores ás actuais, o que pode resolver a demanda de transmisión de datos e multimedia cada vez máis pesados. Máis información, en BBC Mundo.
A SER adianta que un atraco nunha vivenda de Xermade se saldou co falecemento de dous dos seus tres ocupantes
O PSdeG alerta no Parlamento de que "prescindir dos meteorólogos" na TVG "merma a calidade do servizo" e "non pode atribuírse a unha cuestión de aforro"
Fitch vén de rebaixar a nota de solvencia a Grecia, que pasa do C ao CCC. Esta nova cualificación outórgase cando xa se deron pasos firmes para desbloquear o rescate grego e a perda de soberanía do país, que verá controladas as súas finanzas e contas públicas pola troika.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reúnese este xoves co secretario xeral da CIG, Suso Seixo, vén de informar a formación nacionalista. No encontro abordarán a convocatoria de folga xeral que xa anunciou a CIG para o 29 de marzo. O BNG xa apoiou a central sindical cando tamén chamou a un paro xeral á cidadanía galega en xaneiro do ano pasado.
O índice de actividade industrial da eurozona volveu caer durante o que levamos de mes de marzo, ata situarse nos 49,7 puntos. Estar por debaixo dos 50 puntos implica que hai caída da actividade e recesión económica. Información da que tamén se fai eco o Wall Street Journal
PSA Peugeot confirma que está negociando con General Motors. A firma francesa, que conta cunha factoría en Vigo, tivo uns malos resultados en 2011 o que provocou unha gran caída do seu valor na Bolsa. As conversas con GM son, polo de agora, preliminares. Cóntao Le Monde
O Executivo permitirá a dación en pagamento ás familias con todos os seus membros activos en situación de desemprego. Anunciouno o ministro Luis de Guindos e o recolle Europa Press
O BNG propón que os propios veciños do Irixo expliquen ante o Parlamento europeo a súa oposición á incineradora.