O índice de actividade industrial da eurozona volveu caer durante o que levamos de mes de marzo, ata situarse nos 49,7 puntos. Estar por debaixo dos 50 puntos implica que hai caída da actividade e recesión económica. Información da que tamén se fai eco o Wall Street Journal
Fálase
PSA Peugeot confirma que está negociando con General Motors. A firma francesa, que conta cunha factoría en Vigo, tivo uns malos resultados en 2011 o que provocou unha gran caída do seu valor na Bolsa. As conversas con GM son, polo de agora, preliminares. Cóntao Le Monde
O Executivo permitirá a dación en pagamento ás familias con todos os seus membros activos en situación de desemprego. Anunciouno o ministro Luis de Guindos e o recolle Europa Press
O BNG propón que os propios veciños do Irixo expliquen ante o Parlamento europeo a súa oposición á incineradora.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, acusa o PSOE no Congreso de "poñerse ao lado das protestas violentas" ao preguntarlle Leire Pajín polos incidentes de Valencia
Falecen dous xornalistas na cidade siria de Homs. Trátase de Marie Colvin e Remi Ochlik, de nacionalidade norteamericana e francesa, respectivamente. Cóntao nun urxente Le Monde
O diario Público traza un perfil do xefe policial que ordenou as cargas de Valencia. Sinala que non é a primeira protesta que reprime con dureza.
Un terzo dos deputados do Congreso posúe tres ou máis vivendas. Cóntao La Información
A delegada do Goberno en Valencia dilles aos representantes estudantís que non dimitirá e atribúe a responsabilidade das cargas a cuestións "técnicas" da Policía. En Vilaweb.
Cara a cara entre Amaiur e Rajoy na sesión de control ao Goberno. Amaiur pide a legalización de Sortu, que se cree unha comisión de todas as vítimas e "establecer elementos técnicos para a entrega das armas". Rajoy pídelle a Amaiur que empregue a súa influencia política para instar a ETA a que "se disolva inmediata, voluntariamente e sen ningunha condición"