De Guindos advirte que a modificación lexislativa sobre as preferentes non terá carácter retroactivo, polo que deixa poucas alternativas aos afectados pola estafa masiva.
Fálase
"Este Goberno ten que decidir entre o mal e o mal peor; non podo decidir entre o ben e o mal", asegura Mariano Rajoy na sesión de control do Congreso, onde recoñece que optou pola vída máis difícil e dura para intentar saír da crise.
A Terra Cha tamén se une ás manifestacións deste xoves 19 contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy. Os cidadáns están convocados ás 20.30 horas ante a Casa da Cultura de Vilalba.
A pasada noite Becerreá sufriu un tremor de terra de 3,1 graos sen que se producisen danos de importancia
Xosé Manuel Beiras é, dende a pasada noite, portavoz nacional de ANova-Irmandade Nacionalista, tras ser elixido pola Coordinadora Nacional da nova formación, constituída o pasado sábado.
La Región realiza un paralelismo entre a falta de fondos da Xunta para a conservación da catedral ourensá de San Martiño e o gasto de 1,5 millóns de euros na exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura
Os diarios impresos deste mércores dedican de novo á economía as súas portadas, aínda que dende puntos de vista moi diferentes. El País céntrase en que o Banco de España "admite o seu fracaso" ante a crise e outros como o catalán La Vanguardia levan á primeira páxina a culminación da simbólica estatua dedicada a Carlos Fabra en Castelló. El Punt Avui céntrase na escalada da emigración por mor da crise e ABC, pola súa banda, céntrase na lixeria baixada no salario do rei.
O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) anúncialles a todos os seus centros que vai "paralizar" ou "atrasar" os seus pagamentos. Adiántao Materia.
A Unión Progresista de Inspectores de Traballo pronúnciase publicamente contra os recortes do Goberno central, cualifícaos de "brutais" e lígaos directamente co rescate bancario.