Os diarios impresos deste mércores dedican de novo á economía as súas portadas, aínda que dende puntos de vista moi diferentes. El País céntrase en que o Banco de España "admite o seu fracaso" ante a crise e outros como o catalán La Vanguardia levan á primeira páxina a culminación da simbólica estatua dedicada a Carlos Fabra en Castelló. El Punt Avui céntrase na escalada da emigración por mor da crise e ABC, pola súa banda, céntrase na lixeria baixada no salario do rei.
