Compromiso por Galicia apoia as mobilizacións do vindeiro xoves 19 contra os recortes do Goberno e advirte de que o PP "quere acabar co Estado de Benestar e coa democracia". Ademais, mostra a súa satisfacción pola "precisa unidade de acción sindical" ante os axustes.
Fálase
Montoro recúa e di agora que os funcionarios que cobran menos de 960 euros si recibirán a paga de Nadal.
Centos de persoas, cos líderes da CIG, CCOO e UGT á cabeza, percorreron esta mañá as rúas de Pontevedra para rexeitar a condena de cadea imposta a tres sindicalistas "por participar na folga do comercio de alimentación en 2009". Os sindicatos reuniranse mañá co fiscal xeral de Galicia.
O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, perdeu no AVE o seu iPad con datos sobre ETA. En 20 Minutos
Os empregados públicos de Galicia concentraranse este xoves 19 entre 11 e 12 diante dos centros de traballo da Administración Pública de todo o país contra os recortes anunciados polo Goberno. Así o acordaron as organizacións sindicais da CIG Área Pública, UGT, CCOO, C-CSIF, USO, CGT, SAE, CESM, OMEGA e STAJ.
O PP sancionará a Andrea Fabra polo seu célebre "que se jodan" durante o anuncio dos recortes á prestación por desemprego, pero non a instará a abandonar o seu escano no Congreso dos Deputados. Vén de anuncialo o voceiro dos conservadores na Cámara Baixa, Alfonso Alonso.
O ex presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, tenta evadir 4,9 millóns de euros a través de Suíza. Revélao El País.
UGT e CCOO din que a cidadanía está "nunha situación de guerra" e chama a mobilizarse contra os recortes aplicados polo Goberno de Mariano Rajoy nas manifestacións deste vindeiro xoves.
Luis Linde asegura que as entidades financeiras "sen pulso suficiente" serán liquidadas. O gobernador do Banco de España, que comparece no Congreso, cre que a institución actuou "con pouca decisión" e de maneira "inadecuada" antes da crise.
O Tesouro coloca máis do previsto e a un interese máis baixo. España colocou 3.560 millóns de euros, en emisións de letras a 12 e 18 meses, e cunha notable rebaixa do interese, até o 3,99% e o 4,35% respectivamente.