Luis Linde asegura que as entidades financeiras "sen pulso suficiente" serán liquidadas. O gobernador do Banco de España, que comparece no Congreso, cre que a institución actuou "con pouca decisión" e de maneira "inadecuada" antes da crise.
Fálase
O Tesouro coloca máis do previsto e a un interese máis baixo. España colocou 3.560 millóns de euros, en emisións de letras a 12 e 18 meses, e cunha notable rebaixa do interese, até o 3,99% e o 4,35% respectivamente.
Unha iniciativa en Internet recolle sinaturas para que se reimplante o IVE do 33% aos produtos de luxo. A petición ao Goberno de España pódese asinar aquí.
Attac fai un chamamento á "mobilización social permanente" ante os graves recortes do Goberno de Mariano Rajoy.
O recibo da luz subirá até 80 euros logo da suba do IVE, segundo un informe de Facua, que denuncia que en dez anos a factura eléctrica aumentou un 86%.
O maxistrado do Tribunal Supremo Gonzalo Moliner é o novo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
Martínez Pujalte cre que é hora de que os directivos das empresas "aperten o cinto". Nunha entrevista en RNE, o voceiro de Economía do PP considera que "non é lóxico" que sigan gañando tantos cartos nesta mala época.
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a normativa de permanencia da Universidade de Santiago, fortemente contestada polas organizacións estudantís.
"Se Rajoy quere salvar España, ten que enfrontarse á banca", advirte o Wall Street Journal, que atribúe ao presidente "gran parte da responsabilidade" da situación económica do Estado e cre que as súas solucións á crise "son moi tímidas".
O Goberno portugués pon en marcha un novo sistema para que os vehículos con matrícula estranxeira paguen as peaxes nas autoestradas que antes eran autovías no país. Trátase dunha tarxeta "precargada" que se asocia á matrícula do automóbil. Cóntao Público.