O maxistrado do Tribunal Supremo Gonzalo Moliner é o novo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
Fálase
Martínez Pujalte cre que é hora de que os directivos das empresas "aperten o cinto". Nunha entrevista en RNE, o voceiro de Economía do PP considera que "non é lóxico" que sigan gañando tantos cartos nesta mala época.
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a normativa de permanencia da Universidade de Santiago, fortemente contestada polas organizacións estudantís.
"Se Rajoy quere salvar España, ten que enfrontarse á banca", advirte o Wall Street Journal, que atribúe ao presidente "gran parte da responsabilidade" da situación económica do Estado e cre que as súas solucións á crise "son moi tímidas".
O Goberno portugués pon en marcha un novo sistema para que os vehículos con matrícula estranxeira paguen as peaxes nas autoestradas que antes eran autovías no país. Trátase dunha tarxeta "precargada" que se asocia á matrícula do automóbil. Cóntao Público.
Un decreto da Xunta obrigará as empresas a respectar a toponimia oficial galega e permitirá non darlles subvencións ás editoriais de libros escolares que empreguen toponimia deturpada. Adiántao El País.
A economía marca un día máis as primeiras páxinas dos diarios impresos. Nunha entrevista en La Vanguardia o ministro Luis de Guindos asegura que o Estado non precisará unha intervención total e teima en asegurar que a condicionalidade do rescate bancario é só para as propias entidades financeiras.
A Xunta promociona Galicia no metro de Londres cun erro gramatical en inglés, escribindo "just and hour" cando debera figurar "just an hour" (foto: @AlbertoMancebo)
Efectivos de Salvamento Marítimo traballan na extinción dun incendio declarado nun barco atracado no porto de Ribeira (foto: @BREOGAHN)
Horarios e saída das manifestacións contra os recortes do vindeiro xoves 19 en Galicia, convocadas por CIG, CCOO e UGT:
A Coruña (acto central): ás 20 horas da Praza da Palloza
Compostela: 20:00 horas da Alameda
Vigo: 20:30 horas da Vía Norte
Ourense: 20 horas, do Pavillón dos Remedios
Lugo: 20 horas con saída da Ronda da Muralla, do local sindical
Burela: 20 horas, da Praza da Mariña
Vilagarcía de Arousa: 21 horas, da Casa do Mar
Pontevedra: 20:30 horas, da Praza da Ferrería
Ferrol: 20:30 horas do Inferniño