Unha iniciativa en Internet recolle sinaturas para que se reimplante o IVE do 33% aos produtos de luxo. A petición ao Goberno de España pódese asinar aquí.
Fálase
Attac fai un chamamento á "mobilización social permanente" ante os graves recortes do Goberno de Mariano Rajoy.
O recibo da luz subirá até 80 euros logo da suba do IVE, segundo un informe de Facua, que denuncia que en dez anos a factura eléctrica aumentou un 86%.
O maxistrado do Tribunal Supremo Gonzalo Moliner é o novo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
Martínez Pujalte cre que é hora de que os directivos das empresas "aperten o cinto". Nunha entrevista en RNE, o voceiro de Economía do PP considera que "non é lóxico" que sigan gañando tantos cartos nesta mala época.
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a normativa de permanencia da Universidade de Santiago, fortemente contestada polas organizacións estudantís.
"Se Rajoy quere salvar España, ten que enfrontarse á banca", advirte o Wall Street Journal, que atribúe ao presidente "gran parte da responsabilidade" da situación económica do Estado e cre que as súas solucións á crise "son moi tímidas".
O Goberno portugués pon en marcha un novo sistema para que os vehículos con matrícula estranxeira paguen as peaxes nas autoestradas que antes eran autovías no país. Trátase dunha tarxeta "precargada" que se asocia á matrícula do automóbil. Cóntao Público.
Un decreto da Xunta obrigará as empresas a respectar a toponimia oficial galega e permitirá non darlles subvencións ás editoriais de libros escolares que empreguen toponimia deturpada. Adiántao El País.
A economía marca un día máis as primeiras páxinas dos diarios impresos. Nunha entrevista en La Vanguardia o ministro Luis de Guindos asegura que o Estado non precisará unha intervención total e teima en asegurar que a condicionalidade do rescate bancario é só para as propias entidades financeiras.