UGT e CCOO din que a cidadanía está "nunha situación de guerra" e chama a mobilizarse contra os recortes aplicados polo Goberno de Mariano Rajoy nas manifestacións deste vindeiro xoves.
Fálase
Luis Linde asegura que as entidades financeiras "sen pulso suficiente" serán liquidadas. O gobernador do Banco de España, que comparece no Congreso, cre que a institución actuou "con pouca decisión" e de maneira "inadecuada" antes da crise.
O Tesouro coloca máis do previsto e a un interese máis baixo. España colocou 3.560 millóns de euros, en emisións de letras a 12 e 18 meses, e cunha notable rebaixa do interese, até o 3,99% e o 4,35% respectivamente.
Unha iniciativa en Internet recolle sinaturas para que se reimplante o IVE do 33% aos produtos de luxo. A petición ao Goberno de España pódese asinar aquí.
Attac fai un chamamento á "mobilización social permanente" ante os graves recortes do Goberno de Mariano Rajoy.
O recibo da luz subirá até 80 euros logo da suba do IVE, segundo un informe de Facua, que denuncia que en dez anos a factura eléctrica aumentou un 86%.
O maxistrado do Tribunal Supremo Gonzalo Moliner é o novo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
Martínez Pujalte cre que é hora de que os directivos das empresas "aperten o cinto". Nunha entrevista en RNE, o voceiro de Economía do PP considera que "non é lóxico" que sigan gañando tantos cartos nesta mala época.
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a normativa de permanencia da Universidade de Santiago, fortemente contestada polas organizacións estudantís.
"Se Rajoy quere salvar España, ten que enfrontarse á banca", advirte o Wall Street Journal, que atribúe ao presidente "gran parte da responsabilidade" da situación económica do Estado e cre que as súas solucións á crise "son moi tímidas".