Baloncesto. O Obradoiro perde en Madrid ante o Estudiantes (79-62) e terá que agardar para certificar a permanencia. O Valladolid xa é equipo da Liga LEB.
Fálase
Balonmán. O Academia Octavio perde ante o Ademar León e terá que seguir esperando para sumar a vitoria que lle dea a permanencia na Asobal.
A cousa está que ferve no IES A Cachada de Boiro. O enfrontamento entre os amigos de Romero (castelanfalantes) e de Xiana (galegofalantes), os Montescos e Capuletos da obra de teatro 2.0 e en tempo real Amores Prohibidos, chega ás mans.
O Ministerio de Educación estuda subir ata un seis a nota para lograr unha bolsa. Cóntao a Cadena SER.
O deputado do BNG Fernando Branco Parga preguntoulle esta mañá á Xunta pola retirada do financiamento público a tres escolas infantís de Narón. Para apoiar o mantemento do servizo, manifestou o seu apoio ás familias afectadas cunha camiseta co lema "non ao peche".
A confianza do consumidor español cae ao seu nivel máis baixo nos últimos catro anos durante o primeiro trimestre de 2012. O informe GfK Clima de Confianza do Consumidor Europeo indica tamén que as expectativas económicas dos cidadáns baixaron trece puntos, até o -21,5.
O PSOE suspende cautelarmente de militancia o ex alcalde de Vigo, Carlos Príncipe. Toda a información, nuns minutos en Praza.
Esperanza Aguirre pide que Interior "actúe" para impedir que se repita a acampada na Porta do Sol, que está previsto que comece o 12 de maio
O PP rexeita as enmendas á totalidade dos Orzamentos co único apoio de UPN e Foro Asturias. As contas continuarán agora o seu trámite parlamentario.
"Collan o primeiro voo a Londres e a servir cafés". O conseller d'empresa i ocupació da Generalitat, Francesc Xavier Mena, failles esta recomendación aos mozos cataláns nunha comisión do Parlament.