Remata a manifestación en Compostela. Foi preciso repetir as intervención finais debido á gran afluencia de xente na Praza da Quintana.

Remata a manifestación en Compostela. Foi preciso repetir as intervención finais debido á gran afluencia de xente na Praza da Quintana.
UGT, CCOO e CIG cifran en medio millón de persoas os participantes nas manifestacións que nestes momentos están rematando nas cidades e vilas galegas e elevan a 180.000 as persoas que saíron as rúas de Vigo. Falan de “día histórico” e dun seguimento do 90% en Galicia. Os tres sindicatos advirten que este 14N terá "continuidade cunha mobilización sostida no tempo porque, do contrario, teremos máis problemas e unha maior deterioración social".
Os sindicatos calculan que 150.000 persoas participaron na manifestación de Vigo, 125.000 na da Coruña, 100.000 na de Ferrol, 30.000 na de Compostela e 30.000 na de Ourense. A marcha da Coruña desprazouse a Maria Pita, Na imaxe de @manarroyo a Praza de Armas de Ferrol.
El Diario publica o argumentario que o PP repartiu entre os seus cargos públicos e militantes para este 14N. Salienta que "la huelga general supone un coste de miles de millones de euros quepodrían destinarse al gasto social" e que "la reforma laboral está empezando a frenar la destrucción de empleo"
Denuncian que o Concello da Coruña mantivo acesas as farolas da cidade até case o mediodia.
Os traballadores de El Pais Galicia, afectados polo ERE na empresa, manifestáronse en Santiago
Os sindicatos cifran en 150.000 os e as manifestantes en Vigo, unha das manifestacións máis importantes da historia na cidade.
Histórica manifestación na Coruña. Decenas de milleiros de persoas avanzan cara ao Obelisco. Imaxe via @txenoo
Imaxe da marcha de Compostela antes do seu inicio na Praza Roxa
A cabeceira da manifestación en Ourense