Este venres celébrase en Santiago o Compostweets 2013, o III Encontro Anual de Social Media de Galicia.
Fálase
Este luns públícase Manifiesto Crowd: La empresa y la inteligencia de las multitudes, libro escrito conxuntamente por Juan Freire e Antoni Gutiérrez-Rubí. "as multitudes non son unha turba, caótica, nin unha masa, homoxénea, son un colectivo diverso e organizado en rede".
Méndez Ferrín gaña o premio Otero Pedrayo, a proposta do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O xurado destaca a súa "rica biografía literaria".
O informe concursal sobre o Deportivo ve viable o club "se hai un cambio radical na xestión" e sinala a Lendoiro como principal responsable da súa grave situación económica.
AGE ve "indigno" que a Mesa do Parlamento rexeitase tramitar a ILP de Compromiso por Galicia contra a corrupción. "Este é un dos escasos mecanismos para permitir as achegas cidadaś e non é de recibo" que PP e PSdeG "xoguen a obstaculizar a entrada a debate" da iniciativa, di Alternativa.
Outro grande accionista de Pescanova desmente a Fernández de Sousa na CNMV. Iberfomento nega que se aprobase a reestruturación da débeda da compañía no consello.
A USC medita sancionar os alumnos que interromperon o Consello de Goberno o pasado xoves.
- Xavier Vence preside a esta hora a primeira xuntanza da nova Executiva Nacional do BNG
David Bravo explica en El Diario a chamada Lei Lasalle, a proposta do Goberno que penaliza a copia privada e que podería permitir a persecución das páxinas de enlaces
David Reboredo vén de saír do cárcere e vai ingresar no Centro de Inserción Social de Vigo. Máis información, esta mañá en Praza.