PeriodismoHumano denuncia que un policía antidisturbios lle pegou un puñetazo na cara a unha rapaza no desaloxo da Porta do Sol a madrugada do 12 de maio.
Fálase
Soraya Saenz de Santamaría négase a revelar se Garzón será indultado porque, di, non se rexistrou petición ningunha no Ministerio de Xustiza, malia a que esta mañá o fixo a asociación de maxistrados europeos.
A Risga (Renda de Integración Social de Galicia) será compatible cos ingresos que os sus perceptores poidan obter a partir de traballos esporádicos ou polos que poidan cobrar unhas cantidades reducidas, segundo anunciou Núñez Feijoo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
A morosidade na banca sobe ao 8,36% en abril, o seu máximo nivel dos últimos 18 anos.
O BNG critica que os orzamentos galegos sexan modificados polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que cre "unha burla á autonomía de Galiza tolerada por Feijóo", tal e como declarou a voceira parlamentaria, Ana Pontón, esta mañá na TVG.
A empresa do presidente da patronal galega, Construcciones Fontenla, suspende pagos cunha débeda de 40 millóns de euros e atribúeo á falta de crédito.
Baloncesto. O Estudiantes de Lugo fai historia e xoga hoxe ante o Barcelona as semifinais do campionato de España júnior. No outro encontro enfrontaranse o Real Madrid e o Joventut.
The Wall Street Journal advirte da "fraxilidade" de España ante a grave crise financeira e o rescate do Estado a Bankia.
O Ibex remonta e desafía a Moody's, despois de que a axencia anunciase a rebaixa do rating a 16 bancos españoles. A prima de risco sitúase nos 488 puntos básicos.
Hoxe sae a bolsa Facebook. The New York Times presenta unha completa infografía interactiva que compara os volumes de operacións semellantes doutras empresas tecnolóxicas nos últimos anos, así coma o seu comportamento no seu primeiro día nos mercados e en períodos máis longos.