Colectivos veciñais lugueses poñen en marcha a iniciativa #CáncerenLugo para reclamar os servizos de radioterapia no hospital da cidade. Inclúena na campaña reivindicativa coa que tamén esixen unidade de hemodinámica no mesmo centro sanitario.
Colectivos veciñais lugueses poñen en marcha a iniciativa #CáncerenLugo para reclamar os servizos de radioterapia no hospital da cidade. Inclúena na campaña reivindicativa coa que tamén esixen unidade de hemodinámica no mesmo centro sanitario.
O paro rexistrado nas oficinas de emprego aumentou en 132.000 persoas en xaneiro en España até un novo récord de 4.980.778. Ademais perdéronse 263.243 afiliados á Seguridade Social
A concelleira compostelá Rebeca Domínguez volve declarar hoxe en Lugo ante a xuíza instrutora da 'Operación Pokémon'
O imputado Jesús Sepúlveda, ex marido de Ana Mato, segue cobrando un soldo do Partido Popular, segundo publica El Diario. É un dos principais imputados do caso Gürtel.
Bárcenas cobrou 600.000 euros dun construtor e anotoulle 144.000 ao PP, segundo publica este luns El Pais. A policía atribúelle pagamentos de Constructora Hispánica entre os anos 2002 e 2003. No mesmo periodo o ex tesoureiro apuntou doazóns da empresa ao partido
La Región publica unha entrevista con Pachi Vázquez. O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegura que "a militancia vai decidir o futuro deste partido" e ante as críticas recibidas dende algúns sectores conclúe: "que ninguén pense que vai haber un cambio de camarilla. Cando lle oio falar de renovación a persoas que levan 32 anos vivindo desta organización política... Que estean tranquilos, porque imos renovar e a eles os primeiros".
Novas protestas ante a sede do PP en Madrid. A convocatoria comezou pouco despois das 19.00 horas.
Na Terceira galega o Rácing de Ferrol (57 puntos) e o Celta B (47) continúan moi destacados na cabeza da clasificación seguidos do Compostela (39).
Racing Vilalbés 1-0 Pontevedra
Cerceda 1-3 Celta B
Deportivo B 0-2 Ordes
Betanzos 2-3 As Pontes
Somozas 1-2 Céltiga
Negreira 3-0 Narón
Alondras 0-1 Barbadás
Rápido de Bouzas 1-1 Bergantiños
Vilalonga 1-1 Compostela
Racing de Ferrol 2-0 Dorneda
Derrota do Lugo 1-0 na súa visita a Cordoba. Os lucenses mantéñense na metade da táboa da Segunda División de fútbol. En Segunda B o Coruxo acadou unha importante vitoria 0-1 ante o Rayo B e roza os postos de play-off de ascenso. E o Ourense empatou na casa ante o Getafe B 1-1.
Derrota do Academia Octavio 25-41 ante o Granollers e vitoria do Cangas 24-23 ante o Cuenca na xornada da Liga Asobal de balonmán