ASAJA Galicia anuncia demandas polo bloqueo ás recollidas de leite. As denuncias diríxense contra a industria pero poderían repercutir nos gandeiros que se mobilizaron, xa que instan a identificar os "responsables" da non recollida. Cóntao Campo Galego
Fálase
As persoas refuxiadas buscan novas vías de acceso á UE por mor da dura represión de Hungría, cuxa Policía as segue agredindo mentres o seu Goberno pecha as fronteiras con coitelas fabricadas en España.
A investigación do caso Patos investiga amaños de contratos na Xunta, na Deputación de Pontevedra e varios concellos. Cóntao Faro de Vigo tras erguerse o segredo do sumario.
Sogama destina 131 millóns máis a transportar máis lixo en tren. Cóntao La Voz
Desconvocada a folga de entregas e o bloqueo ás industrias no sector lácteo galego. Máis información, hoxe en Praza.
O PP disponse a presentar mocións pola unidade de España en concellos e parlamentos autonómicos. O obxectivo, conta a xornalista María Jesús Güemes na Cadena SER, é presionar e tentar "retratar" o PSOE cara ás eleccións xerais.
Stop Desafiuzamentos convoca unha concentración ante o BBVA en Compostela en apoio dun veciño. O colectivo explica aquí os detalles do caso.
O Concello de Santiago presenta o seu plan para acoller persoas refuxiadas, que incluirá unha rede de vivendas e persoal voluntario.
O Goberno español recibirá 25 millóns dos 500 que a UE entregará para o sector lácteo. É menos da metade do que recibirán Estados como Francia. Pódese consultar o reparto nesta ligazón
A aplicación da LOMCE xa provoca un incremento do alumnado en Relixión. Cóntao eldiario.es