O Concello de Santiago presenta o seu plan para acoller persoas refuxiadas, que incluirá unha rede de vivendas e persoal voluntario.
Fálase
O Goberno español recibirá 25 millóns dos 500 que a UE entregará para o sector lácteo. É menos da metade do que recibirán Estados como Francia. Pódese consultar o reparto nesta ligazón
A aplicación da LOMCE xa provoca un incremento do alumnado en Relixión. Cóntao eldiario.es
Toda Galicia está en alerta meteorolóxica, amarela no interior e laranxa na costa da Coruña e Lugo. A Xunta suspendeu para hoxe as actividades ao aire libre nas escolas.
O deputado Abel Losada perfílase como cabeza de lista do PSOE por Pontevedra, segundo conta La Voz
Facebook incluirá o botón "non me gusta". O seu creador, Mark Zuckerberg, di que xa "traballan" nel para fomentar a "empatía". Cóntao a CNN
O PP impide a investigación sobre o novo hospital de Vigo no Parlamento. Toda a información, hoxe en Praza.
O persoal de La Capital secunda hoxe a terceira xornada de folga logo de varios despedimentos e impagos aos traballadores.
Un traballador morre e outro resulta ferido nas obras do AVE en Laza. O accidente produciuse ao caeren dunha altura de 4 metros, segundo indica La Voz citando fontes da Guardia Civil.
A Real Filharmonía de Galicia inicia este martes a rolda de cinco concertos en barrios de Santiago. Todas as actuacións celébranse ás 8 do serán, son de balde e, sempre que o tempo o permita, serán ao aire libre.