O persoal de La Capital secunda hoxe a terceira xornada de folga logo de varios despedimentos e impagos aos traballadores.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55f7d6131f9c5-co7n0rowiaavq05.jpg)
O persoal de La Capital secunda hoxe a terceira xornada de folga logo de varios despedimentos e impagos aos traballadores.
Un traballador morre e outro resulta ferido nas obras do AVE en Laza. O accidente produciuse ao caeren dunha altura de 4 metros, segundo indica La Voz citando fontes da Guardia Civil.
A Real Filharmonía de Galicia inicia este martes a rolda de cinco concertos en barrios de Santiago. Todas as actuacións celébranse ás 8 do serán, son de balde e, sempre que o tempo o permita, serán ao aire libre.
O comité de empresa de Urbaser de Santiago convoca folga na recollida de lixo a partir do vindeiro domingo, Convócase, indica a CIG, "pola intención da empresa de establecer un sistema de probas para a cobertura de vacantes na categoría de condutor" e non facelo por antigüidade.
O Parlamento vota este martes a proposta de crear unha comisión de investigación sobre a xestión no Hospital de Vigo, proposta conxuntamente por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
O Concello de Lugo propón que o novo modelo de ORA inclúa que sexa de balde a primeira media hora de aparcamento. Expúxoo a alcaldesa, Lara Méndez, nunha xuntanza con colectivos veciñais.
A UE volve fracasar e non chega a un acordo para distribuír persoas refuxiadas entre os Estados membros. Cóntao eldiario.es
#RVMvRCD O Dépor volve de Vallecas cunha goleada de 1 gol a 3 fronte ao Rayo Vallecano
O PSOE bota abaixo o modificativo de crédito que pactara coa Marea na Coruña logo de que se aprobase recuperar unha partida de 30.000 euros para Igualdade que reclamou o BNG.
Meteogalicia avisa dun episodio de "vento forte e chuvias cuantiosas" durante día e medio dende a madrugada deste martes