A Real Filharmonía de Galicia inicia este martes a rolda de cinco concertos en barrios de Santiago. Todas as actuacións celébranse ás 8 do serán, son de balde e, sempre que o tempo o permita, serán ao aire libre.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55f7ba9b2a1ce-14385993635506_.jpg)
A Real Filharmonía de Galicia inicia este martes a rolda de cinco concertos en barrios de Santiago. Todas as actuacións celébranse ás 8 do serán, son de balde e, sempre que o tempo o permita, serán ao aire libre.
O comité de empresa de Urbaser de Santiago convoca folga na recollida de lixo a partir do vindeiro domingo, Convócase, indica a CIG, "pola intención da empresa de establecer un sistema de probas para a cobertura de vacantes na categoría de condutor" e non facelo por antigüidade.
O Parlamento vota este martes a proposta de crear unha comisión de investigación sobre a xestión no Hospital de Vigo, proposta conxuntamente por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
O Concello de Lugo propón que o novo modelo de ORA inclúa que sexa de balde a primeira media hora de aparcamento. Expúxoo a alcaldesa, Lara Méndez, nunha xuntanza con colectivos veciñais.
A UE volve fracasar e non chega a un acordo para distribuír persoas refuxiadas entre os Estados membros. Cóntao eldiario.es
#RVMvRCD O Dépor volve de Vallecas cunha goleada de 1 gol a 3 fronte ao Rayo Vallecano
O PSOE bota abaixo o modificativo de crédito que pactara coa Marea na Coruña logo de que se aprobase recuperar unha partida de 30.000 euros para Igualdade que reclamou o BNG.
Meteogalicia avisa dun episodio de "vento forte e chuvias cuantiosas" durante día e medio dende a madrugada deste martes
José Blanco augura que o alcalde de Becerreá "vai contribuír a un cambio na Deputación" de Lugo e que o "dilema teno o BNG". O eurodeputado afírmao nunha entrevista en El Progreso, na que indica que "estamos no tempo de desconto" para que o socialista Darío Campos se converta en presidente da institución provincial.
A Policía frea a entrada de centos de persoas refuxiadas na fronteira entre Marrocos e España. Cóntao eldiario.es