Toda Galicia está en alerta meteorolóxica, amarela no interior e laranxa na costa da Coruña e Lugo. A Xunta suspendeu para hoxe as actividades ao aire libre nas escolas.
Fálase
O deputado Abel Losada perfílase como cabeza de lista do PSOE por Pontevedra, segundo conta La Voz
Facebook incluirá o botón "non me gusta". O seu creador, Mark Zuckerberg, di que xa "traballan" nel para fomentar a "empatía". Cóntao a CNN
O PP impide a investigación sobre o novo hospital de Vigo no Parlamento. Toda a información, hoxe en Praza.
O persoal de La Capital secunda hoxe a terceira xornada de folga logo de varios despedimentos e impagos aos traballadores.
Un traballador morre e outro resulta ferido nas obras do AVE en Laza. O accidente produciuse ao caeren dunha altura de 4 metros, segundo indica La Voz citando fontes da Guardia Civil.
A Real Filharmonía de Galicia inicia este martes a rolda de cinco concertos en barrios de Santiago. Todas as actuacións celébranse ás 8 do serán, son de balde e, sempre que o tempo o permita, serán ao aire libre.
O comité de empresa de Urbaser de Santiago convoca folga na recollida de lixo a partir do vindeiro domingo, Convócase, indica a CIG, "pola intención da empresa de establecer un sistema de probas para a cobertura de vacantes na categoría de condutor" e non facelo por antigüidade.
O Parlamento vota este martes a proposta de crear unha comisión de investigación sobre a xestión no Hospital de Vigo, proposta conxuntamente por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
O Concello de Lugo propón que o novo modelo de ORA inclúa que sexa de balde a primeira media hora de aparcamento. Expúxoo a alcaldesa, Lara Méndez, nunha xuntanza con colectivos veciñais.