O 25,8% dos españois e españolas declárase non crente, segundo o informe anual de laicidade da Fundación Ferrer y Guardia. En 1980 a cifra era do 8,5% da poboación. A porcentaxe crece ata o 49% entre as persoas de 18 a 34 anos. En Galicia a porcentaxe de non crentes é do 17,3%
Fálase
A recuperación do emprego en España volve ampliar a fenda entre homes e mulleres. Un informe do Consello Económico e Social alerta de que a evolución recente do emprego e o paro é peor entre as mulleres: "Durante a crise vimos unha redución ficticia das diferenzas, agora volvemos á realidade"
A CIG denuncia cun 'via crucis' a "indefensión" que, din, sofre o persoal de Correos. O sindicato pon o foco na sanción aplicada pola empresa pública a unha carteira de Boiro.
O Concello da Coruña reclama 590.000 euros á concesionaria do elevador do monte de San Pedro tras detectar "graves irregularidades" nas súas contas de 2010 e 2012. Así o vén de facer público o goberno coruñés nun comunicado.
A Policía de Rianxo adapta con persoas da localidade esta popular mensaxe contra o alcol ao volante para instar a non conducir despois de beber alcol nas festas.
Rafael Louzán será xulgado por un presunto delito de suborno. Máis información, esta tarde en Praza
O PP oponse a retirar as rúas dedicadas a Calvo Sotelo e Primo de Rivera en Sarria e substituílas polas rúas Liberdade e Irmandades da Fala, como propón o BNG. Os conservadores acusan o Bloque de pretender "impoñer a súa ideoloxía".
Falece Bibiano Morón, referente musical galego nos anos 70 e 80 e figura senlleira de Voces Ceibes.
O pleno da Coruña rexeita o proxecto de orzamentos do goberno local cos votos en contra de PP e PSOE.
Os caixeiros automáticos de Servired, 4B e Euro 6000 funcionarán como unha única rede en 2017. Así o veñen de aprobar os consellos de administración das tres compañías, tal e como recolle o diario Cinco Días