Rafael Louzán será xulgado por un presunto delito de suborno. Máis información, esta tarde en Praza

Rafael Louzán será xulgado por un presunto delito de suborno. Máis información, esta tarde en Praza
O PP oponse a retirar as rúas dedicadas a Calvo Sotelo e Primo de Rivera en Sarria e substituílas polas rúas Liberdade e Irmandades da Fala, como propón o BNG. Os conservadores acusan o Bloque de pretender "impoñer a súa ideoloxía".
Falece Bibiano Morón, referente musical galego nos anos 70 e 80 e figura senlleira de Voces Ceibes.
O pleno da Coruña rexeita o proxecto de orzamentos do goberno local cos votos en contra de PP e PSOE.
Os caixeiros automáticos de Servired, 4B e Euro 6000 funcionarán como unha única rede en 2017. Así o veñen de aprobar os consellos de administración das tres compañías, tal e como recolle o diario Cinco Días
Ás 10 da mañá comezou na Coruña o pleno municipal na que se debaterá a proposta de Orzamentos para 2017. Pódese seguir en directo neste enlace.
O PP bota abaixo unha proposta do BNG no Parlamento, apoiada polo conxunto da oposición, para pedir o peche de Elnosa e solicitar a devolución a mans públicas dos terreos nos que se asenta.
A Xunta opina que a privtización dos terreos de La Solana non suporá "ningunha diferenza" para a veciñanza, porque as instalacións levan décadas de uso privado, ignorando que o plan do Concello, unha vez adquira o espazo, é darlle un uso público ás instalacións.
O Estado incrementou en 2015 o gasto en Defensa nun 16,5%, ata os 10.425 millóns de euros, moi por riba da suba global do desembolso das administracións públicas (1,1%).
Falece aos 60 anos a actriz Carrie Fisher, lembrada polas súas interpretacións da princesa Leia na saga Star Wars