A Xunta opina que a privtización dos terreos de La Solana non suporá "ningunha diferenza" para a veciñanza, porque as instalacións levan décadas de uso privado, ignorando que o plan do Concello, unha vez adquira o espazo, é darlle un uso público ás instalacións.
Fálase
O Estado incrementou en 2015 o gasto en Defensa nun 16,5%, ata os 10.425 millóns de euros, moi por riba da suba global do desembolso das administracións públicas (1,1%).
Falece aos 60 anos a actriz Carrie Fisher, lembrada polas súas interpretacións da princesa Leia na saga Star Wars
O PP convida o PSOE a presentar unha moción de censura contra o goberno da Marea Atlántica na Coruña para "rescatar" a cidade. Recólleo Radio Coruña. A pasada primavera Feijóo gabouse de ofrecerlles aos socialistas a alcaldía de Santiago para desbancar a Compostela Aberta.
O Premio de Investigación 2016 da Real Academia Galega de Ciencias, dotado con 6.000 euros, recoñeceu un innovador método de detección do parásito anisakis no peixe fresco, desenvolvido por un equipo do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), con sede en Vigo.
Deteñen un concelleiro da CUP por apoiar unha declaración a prol da independencia de Catalunya e non presentarse a declarar ante o xuíz como acusado de "sedición".
O pleno de Vigo aproba os orzamentos para 2017 cos votos do PSdeG. As contas ascenden a 233 millóns de euros e o goberno de Caballero subliña o seu carácter "social", mentres que PP e Marea lamentan o rexeitamento de todas as súas achegas e a falta de "participación" cidadá nas contas. Está a contalo Vigoé
Irmandade, palabra do ano 2016. Así o ditaminou a votación organizada polo Portal das Palabras da RAG. En segunda posición quedou "porcoril".
Antía Cal foi homenaxeada este luns en Vigo, coincidindo coa estrea do documental A palabra xusta, dirixido por Miguel Piñeiro. Á proxección do filme, que se poderá ver en Compostela o 19 e 20 de xaneiro, asistiron familiares e mesmo antigos alumnos da pioneira Escola Rosalía de Castro, que ela fundou en 1961
A compañía hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, subsidiaria da transnacional con sede na Coruña Ecoener-Hidralia, anuncia que non continuará en Guatemala, despois de oito anos de resistencia indíxena contra as presións da empresa, que mesmo provocaron unha morte, un estado de sitio e varias detencións.