Deteñen un concelleiro da CUP por apoiar unha declaración a prol da independencia de Catalunya e non presentarse a declarar ante o xuíz como acusado de "sedición".
Fálase
O pleno de Vigo aproba os orzamentos para 2017 cos votos do PSdeG. As contas ascenden a 233 millóns de euros e o goberno de Caballero subliña o seu carácter "social", mentres que PP e Marea lamentan o rexeitamento de todas as súas achegas e a falta de "participación" cidadá nas contas. Está a contalo Vigoé
Irmandade, palabra do ano 2016. Así o ditaminou a votación organizada polo Portal das Palabras da RAG. En segunda posición quedou "porcoril".
Antía Cal foi homenaxeada este luns en Vigo, coincidindo coa estrea do documental A palabra xusta, dirixido por Miguel Piñeiro. Á proxección do filme, que se poderá ver en Compostela o 19 e 20 de xaneiro, asistiron familiares e mesmo antigos alumnos da pioneira Escola Rosalía de Castro, que ela fundou en 1961
A compañía hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, subsidiaria da transnacional con sede na Coruña Ecoener-Hidralia, anuncia que non continuará en Guatemala, despois de oito anos de resistencia indíxena contra as presións da empresa, que mesmo provocaron unha morte, un estado de sitio e varias detencións.
Juan Ignacio Zoido fracasa no seu primeiro intento de salvar a Lei Mordaza. O resto dos grupos rexeitan a súa primeira oferta de diálogo para tocar só "puntos concretos" da norma e non tumbala por completo
Economics for Energy, centro de investigación impulsado pola Universidade de Vigo, analiza o bono social para consumidores de electricidade vulnerables aprobabo a pasada semana polo Consello de Ministros, salientando que os criterios empregados para definir os consumidores vulnerables abranguen moitas persoas que non se atopan en dificultades e, pola contra, deixan fóra fogares que si o están. Aposta por empregar como base un criterio baseado na renda.
En marcha a novena edición do Queixo Maquetón, o concurso musical da Festa do Queixo de Arzúa dotado con 1.500€ e unha actuación na propia festa. O prazo para a recepción de maquetas remata o 20 de xaneiro. Pódense consultar as bases do certame nesta ligazón
O discurso de Noiteboa do rei Felipe VI foi o menos visto da historia, cun share do 57.6% e 5,8 millóns de espectadores/as, 8 puntos menos que o pasado ano e 16 menos que hai dous anos. Felipe cae mesmo por debaixo dos peores datos acadados polo seu pai. En Galicia o share foi do 67,1%
A Federación Galega de Balonmán celebra o triunfo da selección feminina absoluta no Torneo IV Nacións. O equipo galego gañou na final fronte a Euskadi por 23-33.