Antía Cal foi homenaxeada este luns en Vigo, coincidindo coa estrea do documental A palabra xusta, dirixido por Miguel Piñeiro. Á proxección do filme, que se poderá ver en Compostela o 19 e 20 de xaneiro, asistiron familiares e mesmo antigos alumnos da pioneira Escola Rosalía de Castro, que ela fundou en 1961
Fálase
A compañía hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, subsidiaria da transnacional con sede na Coruña Ecoener-Hidralia, anuncia que non continuará en Guatemala, despois de oito anos de resistencia indíxena contra as presións da empresa, que mesmo provocaron unha morte, un estado de sitio e varias detencións.
Juan Ignacio Zoido fracasa no seu primeiro intento de salvar a Lei Mordaza. O resto dos grupos rexeitan a súa primeira oferta de diálogo para tocar só "puntos concretos" da norma e non tumbala por completo
Economics for Energy, centro de investigación impulsado pola Universidade de Vigo, analiza o bono social para consumidores de electricidade vulnerables aprobabo a pasada semana polo Consello de Ministros, salientando que os criterios empregados para definir os consumidores vulnerables abranguen moitas persoas que non se atopan en dificultades e, pola contra, deixan fóra fogares que si o están. Aposta por empregar como base un criterio baseado na renda.
En marcha a novena edición do Queixo Maquetón, o concurso musical da Festa do Queixo de Arzúa dotado con 1.500€ e unha actuación na propia festa. O prazo para a recepción de maquetas remata o 20 de xaneiro. Pódense consultar as bases do certame nesta ligazón
O discurso de Noiteboa do rei Felipe VI foi o menos visto da historia, cun share do 57.6% e 5,8 millóns de espectadores/as, 8 puntos menos que o pasado ano e 16 menos que hai dous anos. Felipe cae mesmo por debaixo dos peores datos acadados polo seu pai. En Galicia o share foi do 67,1%
A Federación Galega de Balonmán celebra o triunfo da selección feminina absoluta no Torneo IV Nacións. O equipo galego gañou na final fronte a Euskadi por 23-33.
VÍDEO | Panxoliña leiteira polas festas de Nadal da man de De Vacas e Deleite. O grupo interpretou o tema en Lugo co gallo da presentación da liña sen lactosa da marca de Leite Noso.
R culpa a Vodafone da avaría que o pasado venres deixou sen servizo de voz e datos a unha boa parte dos seus usuarios e usuarias. A compañía sinala que o fallo tivo a súa orixe nun envío masivo de SMS por parte de Vodafone a clientes de R. Porén, Vodafone négao, considera a acusación "inxustificada e irresponsable" e pide unha rectificación.
As autoridades rusas sinalan que o accidente do avión militar no que o sábado morreron 92 persoas se produciu por un fallo técnico ou por un erro do piloto