Rajoy anuncia que comparecerá no Congreso a finais de xullo ou principios de agosto.
Fálase
Unha cadea humana rodeará a praza de touros de Pontevedra o vindeiro 10 de agosto pola mañá para protestar contra este espectáculo. Pola tarde unha manifestación percorrerá as rúas da cidade baixo o lema Touradas fóra de Pontevedra.
Antonio Fontenla non optará á reelección á fronte da patronal galega. A decisión facilita o camiño a Fernández Alvariño.
O Goberno decidirá se recorre o ditame sobre o tax lease tras reunirse hoxe coas autonomías. O ministro Soria tratará con Galicia, Euskadi e Asturias a posibilidade de acudir á Xustiza.
A diferenza entre o Sur e o Norte da UE nos niveis de confianza política creceu dende o 9% ao 32% e a fenda nos índices de satisfacción coa democracia pasou do 21% a 46%, un diferencial que Sonia Alonso denomina “fractura democrática” en El Diario.
O PP perdería un terzo dos seus votos, pero seguiría superando o PSOE de haber eleccións agora, segundo unha enquisa de El Mundo. IU dobraría os seus apoios e acadaría case o 15% de sufraxios.
Inditex doou 36.000 euros ao Partido Popular no 2008, ano de eleccións xerais. Ata o de agora é a única compañía do Ibex 35 que figura na lista dos doantes do PP, segundo informa elplural.com.
Novagalicia, unha das entidades que máis axudas públicas recibiu. Sumou case 10.000 millóns en diñeiro público, só por debaixo de Catalunya Banc, que xunto ao banco galego superan os cartos recibidos por Bankia.
Cavaco Silva apoia a continuidade do goberno PSD-CDS en Portugal até as eleccións de 2015, a pesar de fracasar a súa proposta de "pacto de salvación nacional"
A xubilación masiva de médicos causou 300 baixas no Sergas en tan só dez meses. Estase xubilando de forma masiva todos aqueles facultativos de máis de 65 anos, tamén aqueles aos que se lles permitira prolongar a súa vida laboral até os setenta.