Novagalicia, unha das entidades que máis axudas públicas recibiu. Sumou case 10.000 millóns en diñeiro público, só por debaixo de Catalunya Banc, que xunto ao banco galego superan os cartos recibidos por Bankia.
Fálase
Cavaco Silva apoia a continuidade do goberno PSD-CDS en Portugal até as eleccións de 2015, a pesar de fracasar a súa proposta de "pacto de salvación nacional"
A xubilación masiva de médicos causou 300 baixas no Sergas en tan só dez meses. Estase xubilando de forma masiva todos aqueles facultativos de máis de 65 anos, tamén aqueles aos que se lles permitira prolongar a súa vida laboral até os setenta.
EE UU presiona na sombra para frear a normativa de privacidade europea. Autoridades e empresas estadounidenses levan case dous anos presionando contra a regulamentación europea
Batman e Superman aparecerán xuntos na secuela de Man of Steel, segundo anunciou Warner no marco da ComicCon. Porén, aínda que mesmo se revelou que o filme manterá certa relación co cómic The Dark Knight Returns, non se ofreceron detalles sobre se a presenza de Batman será apenas un cameo ou se terá máis protagonismo.
A portada da revista Time dedicada ao Papa Francisco está a xerar bromas e polémica, ao colocarlle ao pontífice uns cornos sobre a súa cabeza
Tomás Gómez amósase "preocupado" porque o PSOE non presentara aínda a moción de censura a Rajoy, e no comité rexional do partido en Madrid pediu pasar "das palabras aos feitos".
Máis de tres mil persoas mobilizáronse este sábado en Cangas en defensa dos dereitos dos pensionistas e contra os requerimentos da Axencia Tributaria aos traballadores emigrantes xubilados.
Ao redor de 300 persoas participaron este sábado na concentración impulsada polo colectivo SOS Panadeira, en protesta polo proxecto de pantalóns impulsado polo Náutico de Sanxenxo, que -din- destrozará as praias de Panadeira e Os Barcos.
O secretario provincial do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño afirma que ''Necesitamos un líder capaz de pechar feridas abertas''. O ex ministro de Xustiza insistiu en que o papel de Vázquez é o de ser "o aval da transparencia" do proceso, polo que ''o honra"ter tomado a decisión de non presentarse", di.