A asociación Ciudadan@s por la Educación Pública presenta a campaña Yo estudié en la escuela pública
Fálase
Quilmas acolle este domingo un mercado ecolóxico pola defensa da terra, organizado pola Cooperativa Raínha Lupa
Alumnos e alumnas da UDC convocan este luns pola tarde na Facultade de Socioloxía unha xornada de debates sobre a universidade pública e estudarán a posibilidade de iniciar un peche
José Ignacio Wert enche de ideoloxía conservadora a materia de Educación para a Cidadanía: por exemplo elude a homofobia ou as desigualdades e denuncia o “nacionalismo excluínte”.
Os afectados polas participacións preferentes, unhas 43 mil persoas en Galicia que teñen retidos os seus aforros, rexeitan a proposta de arbitraxe realizada por Feijoo, que lles impediría reclamar nos tribunais
Os desaxustes de Madrid e Valencia provocan que o déficit do Estado en 2011 sexa finalmente do 8,9%, catro décimas máis do anunciado.
Baloncesto. O COB Aguas de Sousas venceu por 76-65 fronte a El Prat Joventut o primeiro partido da eliminatoria final da LEB Prata ao mellor de 5 encontros e toma vantaxe para conseguir o ascenso de categoría.
O PP asegura que "Galicia controlou o seu déficit en 2009, 2010, 2011 e tamén o fará en 2012" logo de que El Mundo adiantara que a comunidade triplicara o déficit anunciado. O diario informa agora que a Xunta aclarou que a cifra do 4, 76% "inclúe o que adebeda o Estado por anticipos excesivos a conta pero que non debe ser computado".
Galicia recoñece ante o Goberno central que o seu déficit triplica ao anunciado en 2011, ao chegar ao 4,76% en lugar do 1,6% comunicado inicialmente. Os plans que as autonomías presentaron onte revelan que Madrid tamén incumpriu o obxectivo. Máis información esta tarde en Praza.
A Xunta constitúe unha comisión para o estudo da reforma dos gobernos locais de Galicia. Estará composta por técnicos da Xunta, da Fegamp, e dos tres grupos con representación parlamentaria