Galicia recoñece ante o Goberno central que o seu déficit triplica ao anunciado en 2011, ao chegar ao 4,76% en lugar do 1,6% comunicado inicialmente. Os plans que as autonomías presentaron onte revelan que Madrid tamén incumpriu o obxectivo. Máis información esta tarde en Praza.
Fálase
A Xunta constitúe unha comisión para o estudo da reforma dos gobernos locais de Galicia. Estará composta por técnicos da Xunta, da Fegamp, e dos tres grupos con representación parlamentaria
A Xunta declara deserto o concurso para a concesión de novas licencias de FM para evitar unha posible situación de "inseguridade xurídica". As bases do concurso referíanse a "emisoras de carácter comercial", polo que impedían concorrer a aquelas entidades que non tivesen ese carácter, o que xa fora denunciado polo Consello Consultivo. Agora ábrese un prazo de seis meses para convocar un novo concurso.
PeriodismoHumano denuncia que un policía antidisturbios lle pegou un puñetazo na cara a unha rapaza no desaloxo da Porta do Sol a madrugada do 12 de maio.
Soraya Saenz de Santamaría négase a revelar se Garzón será indultado porque, di, non se rexistrou petición ningunha no Ministerio de Xustiza, malia a que esta mañá o fixo a asociación de maxistrados europeos.
A Risga (Renda de Integración Social de Galicia) será compatible cos ingresos que os sus perceptores poidan obter a partir de traballos esporádicos ou polos que poidan cobrar unhas cantidades reducidas, segundo anunciou Núñez Feijoo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
A morosidade na banca sobe ao 8,36% en abril, o seu máximo nivel dos últimos 18 anos.
O BNG critica que os orzamentos galegos sexan modificados polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que cre "unha burla á autonomía de Galiza tolerada por Feijóo", tal e como declarou a voceira parlamentaria, Ana Pontón, esta mañá na TVG.
A empresa do presidente da patronal galega, Construcciones Fontenla, suspende pagos cunha débeda de 40 millóns de euros e atribúeo á falta de crédito.
Baloncesto. O Estudiantes de Lugo fai historia e xoga hoxe ante o Barcelona as semifinais do campionato de España júnior. No outro encontro enfrontaranse o Real Madrid e o Joventut.