A Xunta declara deserto o concurso para a concesión de novas licencias de FM para evitar unha posible situación de "inseguridade xurídica". As bases do concurso referíanse a "emisoras de carácter comercial", polo que impedían concorrer a aquelas entidades que non tivesen ese carácter, o que xa fora denunciado polo Consello Consultivo. Agora ábrese un prazo de seis meses para convocar un novo concurso.
Fálase
PeriodismoHumano denuncia que un policía antidisturbios lle pegou un puñetazo na cara a unha rapaza no desaloxo da Porta do Sol a madrugada do 12 de maio.
Soraya Saenz de Santamaría négase a revelar se Garzón será indultado porque, di, non se rexistrou petición ningunha no Ministerio de Xustiza, malia a que esta mañá o fixo a asociación de maxistrados europeos.
A Risga (Renda de Integración Social de Galicia) será compatible cos ingresos que os sus perceptores poidan obter a partir de traballos esporádicos ou polos que poidan cobrar unhas cantidades reducidas, segundo anunciou Núñez Feijoo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
A morosidade na banca sobe ao 8,36% en abril, o seu máximo nivel dos últimos 18 anos.
O BNG critica que os orzamentos galegos sexan modificados polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que cre "unha burla á autonomía de Galiza tolerada por Feijóo", tal e como declarou a voceira parlamentaria, Ana Pontón, esta mañá na TVG.
A empresa do presidente da patronal galega, Construcciones Fontenla, suspende pagos cunha débeda de 40 millóns de euros e atribúeo á falta de crédito.
Baloncesto. O Estudiantes de Lugo fai historia e xoga hoxe ante o Barcelona as semifinais do campionato de España júnior. No outro encontro enfrontaranse o Real Madrid e o Joventut.
The Wall Street Journal advirte da "fraxilidade" de España ante a grave crise financeira e o rescate do Estado a Bankia.
O Ibex remonta e desafía a Moody's, despois de que a axencia anunciase a rebaixa do rating a 16 bancos españoles. A prima de risco sitúase nos 488 puntos básicos.