Dimite Javier Rodríguez-Losada, director xeral do grupo Sargadelos, en pleno proceso concursal. Fora designado en abril para liderar o plan de viabilidade.
Fálase
El Diario entrevista Belén Barreiro, que presidíu o CIS e é directora de Myword e do Laboratorio da Fundación Alternativas. Destaca que “o xiro á esquerda pode non ter marcha atrás”
Infolibre adiantou este martes que un gran número de eurodeputados, entre eles os candidatos de PP, PSOE e IU, Cañete, Valenciano e Meyer, manteñen un fondo de pensións en Luxemburgo cunha sicav. O PSOE desenténdese da polémica, Meyer dáse de baixa e Cañete non contesta.
Magdalena Álvarez dimite como vicepresidenta do Banco Europeo de Investimentos despois de que a xuíza Mercedes Alaya lle impuxese unha fianza de 29,5 millóns de euros tras responsabilizala das axudas irregulares no caso dos ERE
Vixilancia Aduaneira cre que José Manuel Barreiro recibiu 5000 euros de Véndex para que cesase as súas críticas ao sistema ORA no Concello de Lugo (adxudicado a Doal, filial de Véndex). O portavoz do PP no Senado nega os feitos. Pilar de Lara demandoulles a PP, PSdeG e BNG os seus libros de contabilidade para analizar as doazóns recibidas na última campaña das municipais.
ERC sería a primeira forza do Parlament de Catalunya segundo unha enquisa de El Periódico que ubica a Ciutadans como terceira forza e prognostica a irrupción de Podemos con 9 ou 10 escanos. A CUP duplicaría a súa representación e CiU perdería 20 escanos.
José Manuel Barreiro di que é "rotundamente falso" que recibise subornos de Véndex e asegura estar "indignado" pola "indefensión" que cre que está a sufrir. Recólleo El País
Un número indeterminado de eurodeputados mantén un fondo de pensións en Luxemburgo cunha sicav. Entre os participantes figuran Cañete, Valenciano e Meyer, segundo publica Infolibre.
O ministro do Interior sentencia que "unha Catalunya independente sería pasto do terrorismo". Afirmouno nun xantar informativo organizado por ABC.
O alumnado que marche á privada para estudar en castelán recibirá ata 6.057 euros ao ano, segundo vén de confirmar o ministro Wert. Recólleo El Correo Gallego.