Carmen Santos optará tamén á secretaría xeral de Podemos-Galicia. Confirmará este sábado unha candidatura con diferentes profesionais da sociedade civil membros de círculos locais. Competirá, cando menos, con Ángela Rodríguez polo liderado do partido morado en Galicia.
Fálase
Galicia suma o 70% das 600 explotacións lácteas desaparecidas en 2015, un total de 425. A Xunta desvincúlao da caída de prezos.
O PSOE resígnase a perder tamén na segunda votación da investidura, prevista para ás nove da noite deste venres. Os socialistas non fixeron ningún intento de achegarse a Podemos e a outras forzas á súa esquerda e só mantiveron un contacto telefónico co PNV.
A infanta apunta á Casa Real na súa declaración: "Todo o que facíamos estaba controlado". Reitera que ela nunca se ocupou dos negocios e que "confía" no seu marido.
Ángela Rodríguez presentarase á secretaría xeral de Podemos-Galicia. A deputada de En Marea aspirará a liderar o partido morado no país.
A infanta Cristina declara no xuízo do caso Nóos. Pecha a quenda de declaración dos acusados. Pódese seguir a súa declaración aquí.
O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, pídelles aos migrantes económicos que "non veñan" a Europa. Os refuxiados comezan a acumularse en Serbia, ante as dificultades para entrar en territorio croata. Pola súa banda, Tsipras anuncia que pedirá sancións para os países que incumpran o "principio fundamental" da UE sobre o "reparto solidario de cargas" entre os seus membros.
Expulsan un siareiro de Balaídos por considerar "exaltación do terrorismo" unha bufanda do Celta. O home, socio do clube durante décadas, denuncia que foi tratado "como un delincuente" por exhibir a histórica prenda, da peña Celtarras. Cóntao Faro de Vigo
A Universidade Autónoma de Barcelona cancela o seu máster en homeopatía por "falta de base científica"
A Comisión Europea pide agora manter o espazo Schengen pero non para facilitar o paso de persoas refuxiadas, senón para non prexudicar o turismo e os negocios