Caixanova colocoulles participacións preferentes a persoas analfabetas. Cóntao El País.
Fálase
O Parlament de Catalunya investigará as entidades financeiras catalás. Constituirase unha comisión de investigación apoiada por ICV-EUiA, Solidaritat, Ciutadans e Esquerra Republicana, á que se podería sumar o PSC. En Ara.
O locutor Luís Rial cargou contra parte do plantel da CRTVG no seu programa da Radio Galega da pasada madrugada. Rial cualifica de "mediocres" a algúns dos seus compañeiros e considera que os medios públicos "se poden privatizar". En El País.
Fitch rebaixa en tres chazos a cualificación de España e calcula en 60.000 millóns o custo da reestruturación bancaria.
O Goberno nomea a Luis María Linde novo gobernador do Banco de España en substitución de Miguel Ángel Fernández Ordóñez.
O FMI calcula que a banca española precisa capital por 40.000 millóns de euros. O Goberno non decidirá ata que o informe sexa oficial.
Bruxelas ve "disparatadas" as cifras sobre as necesidades da banca española, como as dadas polo eurodeputado do PP López-Istúriz, que calcula que as entidades estatais precisarían entre 80.000 e 100.000 millóns.
Novagalicia Banco precisaría 3.400 millóns de euros do Estado para poder cumprir cos decretos de saneamento do Goberno. Así o tería confirmado o subgobernador do Banco de España, Javier Aríztegui, tal e como informa El Mundo e a Cadena Ser.
Un dirixente do partido neonazi grego Amencer Dourado agrede a dúas deputadas, unha de Syriza e outra do Partido Comunista, durante un debate televisivo. En RTVE. A formación ultra logrou unha vintena de deputados nas últimas eleccións en Grecia.
Traballadores do naval percorreron oito quilómetros a pé para demandar carga de traballo. Os sindicatos chaman á poboación a apoiar a gran manifestación do domingo, cuxo manifesto será lido polo actor ferrolán Javier Gutiérrez. Imaxe de @xmiguelmahia