A raíña Elisabeth II ofreceu por primeira vez a súa mensaxe de Nadal aos británicos en 3D. A Casa Real británica permitiu captar imaxes da monarca coas lentes de tres dimensións, algo ante o que diversos políticos galegos teñen amosado receos.
A raíña Elisabeth II ofreceu por primeira vez a súa mensaxe de Nadal aos británicos en 3D. A Casa Real británica permitiu captar imaxes da monarca coas lentes de tres dimensións, algo ante o que diversos políticos galegos teñen amosado receos.
A Xunta inclúe no seu vídeo de felicitación de Nadal unha apelación a "non gastar máis do que se ten". O vídeo está tamén incluído na portada da web do Goberno galego.
Continúa a folga de fame dos membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de Ferrolterra. Hoxe ás dez da mañá producirase o relevo e o segundo integrante da plataforma tomará o relevo de Manuel Zebral, que iniciou a folga o dia 24.
O ex conselleiro de Cultura Roberto Varela afirma nunha entrevista dende Montevideo que "as circunstancias non son as apropiadas para continuar co proxecto da Cidade da Cultura"
Facenda devolveralles aos funcionarios a longo do primeiro trimestre de 2013 as cotizacións descontadas da extra de decembro
A Comisión Electoral exipcia vén de confirmar o triunfo do si no referendo para a aprobación da nova Constitución. O 64% da poboación votou a favor
O Goberno español critica o documental The Great Spanish Crash emitido pola BBC. Relata a evolución da economía española dende os eufóricos anos do boom até a crise actual e céntrao na Comunidade Valenciana.
Porto Editora escolle Entroikado como palabra do ano. Vén significar ser obxecto das medidas de austeridade da troika.
Mapfre ofrece unha indemnización de menos de 80.000 euros a cada unha das vítimas do accidente de Spanair. Os afectados consideran "insultante" a cifra e lembran que a compañía de seguros terá este ano beneficios de máis de 1.000 millóns de euros
José Antonio Griñán, presidente do PSOE, conmina a Rubalcaba a "definirse" e a anunciar que concorrerá a primarias. Ao tempo, rexeitou por completo que aspire a suceder a Rubalcaba como secretario xeral do partido.