Morre Sally Ride, a primeira muller que a NASA enviou ao espazo. O Washington Post repasa a súa vida.
Fálase
O diario británico The Guardian asegura que o ministro de Economía, Luis de Guindos, negocia co Goberno de Alemaña un rescate de 300.000 millóns de euros para España
Os triatletas do equipo olímpico mexicano adestran en Lugo pola súa similitude climática con Londres. Cóntao o diario mexicano El Sol de Cuernavaca
Rajoy mírase no espello dos deportistas españois para superar a crise e di que aplicará a mesma "menciña" deles: "traballo, esforzo, dedicación e perseverancia".
O BNG recibirá unha vintena de delegacións convidadas na súa celebración do Día da Patria. No acto final da Quintana estarán presentes representacións de Esquerra Republicana, Esquerra Republicana, Compromís, Bloc Nacionalista Valenciá, Partit Socialista de Mallorca, Coalición Canaria, Aralar, Ezker Abertzale, Eusko Alkartusana, Bloco de Esquerda e Partido Comunista Portugués, entre outros.
Goberno e organismos públicos envían cartas aos funcionarios para advertilles da ilegalidade das súas protestas. Imaxe de @dePlaymobil.
A CNMV frea a caída da Bolsa ao prohibir as operacións cortas en mercados secundarios e evitar así a especulación.
O PP apoia a proposta de Gallardón que prevé que a malformación do feto non sexa un suposto para o aborto. A oposición censura as intencións do ministro de Xustiza e o BNG pide a súa comparecencia para que explique a reforma da lei.
Agustín Hernández acusa a Audasa de faltarlle ao respecto aos galegos por non poñer solución aos continuos atascos nas peaxes.