O Concello de Ferrol pide que os medios públicos reabran as súas delegacións na cidade. Cóntao Ferrol 360
Fálase
A Agrupación Astronómica Coruñesa insta a UNED a non avalar un curso de astroloxía que prevé na cidade, aínda non aprobado definitivamente. A universidade, subliñan, non debe xogar o seu "prestixio" dando abeiro ás "supersticións".
O Concello de Lugo denuncia a Xunta por executar obras no Camiño de Santiago sen licenza. Cóntao El Progreso. O pasado verán o Foro do Camiño alertara de que Turismo estaba a alterar a traza histórica da ruta xacobea na provincia lucense.
Abel Caballero retruca ao Real Madrid que "non manda nas decisións de Vigo" e o club de Florentino Pérez acusa o alcalde de mentir sobre o peche do estadio de Balaídos da pasada fin de semana por mor do temporal.
O pleno da Coruña aproba -cos votos de Marea, PSOE e BNG- o cambio na ordenanza da ORA que permitirá anular as denuncias
O pleno do Parlamento aproba os Orzamentos de 2017 cos votos do PP, que tombou todas as emendas que ficaban da oposición, á que os conservadores acusan de "querer saquear o peto dos galegos".
A expansión do eucalipto ficará conxelada en Portugal ata 2030. O Goberno portugués culmina así unha rerforma forestal composta por 12 normas que debulla o diario Público.
O Parlamento vota esta mañá o ditame definitivo dos Orzamentos da Xunta para 2017. Repasa aquí os detalles das contas e segue aquí a sesión ao vivo dende as 10:00.
O Goberno de España renuncia ao diálogo coa Generalitat e regresa á estratexia da dureza coas autoridades catalás fronte ás demandas de autodeterminación
Uns 1.800 fogares continúan sen luz en Galicia polo temporal, segundo Unión Fenosa Distribución. As vivendas afectadas polos cortes roldaron as 200.000 dende o pasado venres.