O Goberno de España renuncia ao diálogo coa Generalitat e regresa á estratexia da dureza coas autoridades catalás fronte ás demandas de autodeterminación
Fálase
Uns 1.800 fogares continúan sen luz en Galicia polo temporal, segundo Unión Fenosa Distribución. As vivendas afectadas polos cortes roldaron as 200.000 dende o pasado venres.
Milleiros de persoas apoian o ex-presidente catalán Artur Mas ante a sede do Tribunal Superior de Catalunya, onde será xulgado pola consulta sobre a autodeterminación do 9 de novembro de 2014. Está a retransmitilo en directo El Periódico e Catalunya Plural conta o minuto a minuto. O sinal ao vivo do xuízo, nesta ligazón.
Uns 4.800 fogares galegos seguían sen luz contra o remate da tarde deste domingo, segundo datos de Unión Fenosa Distribución. As vivendas afectadas polos cortes de subministro roldaron as 200.000 dende o comezo do temporal, o pasado venres.
O presidente da xestora do PSOE na Coruña desbota unha moción de censura co PP para desbancar a Marea Atlántica, como suxeriron os conservadores tras a votación da cuestión de confianza. "Evidentemente, non imos apoiar o PP", declarou Florencio Cardador a Radio Coruña.
Así foi a declaración pola que Anticorrupción pide reabrir o caso da 'caixa B' do PP: "Non podo precisar se levei 500, 1.000 ou 2.000 millóns de pesetas", dixo Francisco Correa, presunto líder da Gürtel. Transcrición en eldiario.es
Todo o litoral galego está en alerta laranxa este domingo por vento e ondas de máis de 5 metros. Nas áreas orientais de Lugo e Ourense a alerta é amarela por neve. Meteogalicia debulla os fenómenos adversos no seu boletín de alertas.
Pedro Sánchez continúa a súa campaña cara ás primarias e acusa a xestora do PSOE de deixar o partido "en terra de ninguén".
O galego Alberto Vázquez triunfa nos Goya con senllos premios á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe de animación por Psiconautas e Decorado. O realizador debullou o seu traballo nesta entrevista con Praza o pasado verán.
Suspendido o Celta-Real Madrid deste domingo polos danos que o temporal causou no estadio de Balaídos. Así o avanzou o alcalde vigués, Abel Caballero, tras visitar as instalacións afectadas polo mal tempo. Cóntao Faro de Vigo